microrrelato erótico.

Microrrelativo presentado ao concurso Ferve a Rede de Vieiros.com, no día de hoxe:

Unha semaniña enteira…

“As primeiras letras de cada palabra son a clave do relato”


Unha Noite Húmida Amámonos

Nunha Obtusa Improvisación, Torpe, Efémera,

Nunha Obsesión.

Momentaneamente Unímonos, Ilusos, Nun Humillante Orgasmo.

Unhas Novas Habilidades Amatorias,

Notoriamente Obscenas, Innovan Técnicas Engaiolantes,

Navegan Orificios Naturais

E

Nudeces Ansiosas De Agarimos.

Unen Nocellos Honestamente Asépticos

Senos E Mamilas Ardentes, Nádegas Indecentemente Núas, Heterodoxos Asedios,

E Naufragan Tedios E Inícianse Rotas Alternativas

Incluíndo Sensuais Orxías

Sutís Innovacións

Que Urdirán Estratexias,

Exploracións,

Mutuas Unións Impetuosas, Nuns Heréticos Actos De Amor

abecedario progresivo

Conto pensado para aprender o abecedario:

Achegóuseme brillando con delicadeza. Eu finxía grampar habituais informes. “Jiana Kepler”, lin: “Misión: Neutralizala. Observación: Procurar que regrese. Sospeita: Temémonos unha vil xogada.”

Zigzagueamos ata Beta Centauri. Debía espiala furtivamente, gabándoa hipocritamente. “Información Jiana Kepler”, lin, “mentireira, neglixente, ocupou prazas que rebordaban seu territorio. Utilizou vixilancias xerais zarapalleiras, acumulou burocracias controladoras discretas e fatigosos galanteos humillantes”.

Interpretei: Jiana Kepler localizou mortais nativos organizados, precursores, quizais racionalmente superiores. Trazou unha vixilancia xeral zoolóxica, actualizou bibliografías, catálogos de especies, fenomenoloxías, guías, historiografías…

Inconsciente Jiana Kepler, lamentabelmente maniática, namorouse, obtusa, perdidamente. Quérea raptar. Si, traizoar universais valores, xerando zarangalladas. ¡Anhela bicala con dozura…!

Envexábaa. Francamente. ¡Gran heroína iconoclasta!. Jiana Kepler ligara mortal, nativa, orgánica, pero que rebordaba simpatía, tenrura, utopía. ¡Valente xuvenil zuna!

Olark Livehelp